Energy Tablet Pro 3, a nova tablet de Energy Sistem

Energy Sistem vén de anunicar o lanzamento dunha nova tablet, a Energy Tablet Por 3. Este novo modelo convértese no referente da compañía neste tipo de trebellos, e busca o nada fácil equilibrio entre o deseño, a potencia e a versatibilidade.

A Tablet Pro 3 leva unha pantalla IPS de 10 polgadas con resolución 1280 x 800 píxeles. No seu interior alberga un procesador de 8 núcleos ARM Cortex A7 a 1,8 GHz, xunto 2 GB de memoria RAM e 16 GB de memoria interna, ampliábeis mediante tarxetas microSD de até 128 GB.

A batería é de 6000 mAh, unha capacidade que, segundo afirma o fabricante, ofrece até 300 horas de autonomía en modo stand by e cinco horas e media de reprodución de vídeo en streaming. En canto a sistema operativo, leva Android 6.0 Marshmallow.

Energy Sistem, como empresa especializada en audio, quixo poñer certo empeño en marcar a diferenza, engadindo dous altofalantes de 1 W con son estéreo, así como curva de son definida por software, o que fai posíbel que mellore a resposta para un son claro e de calidade.

A Energy Tablet Pro 3 está á venda por 159 euros, un prezo que tamén inclúe dous meses de suscrición a Nubico Premium sen cargo.

Máis info | Energy Sistem

Sobre o autor

One Response

  1. Rubenix 2 Febreiro, 2017 Responder

Reply