Hater: atopa parella co “Tinder” dos odios

Os xeitos de atopar o amor son infinitos, e do mesmo xeito que moita xente procura unha persoa afín, cos mesmos gustos e aficcións, por que non facer algo semellante cos odios? Iso é o que propón Hater, unha nova aplicación que quere converterse no “Tinder” dos odios.

A idea de aplicación é moi sinxela. Unha vez que nos damos de alta (ben co correo, ben coa nosa conta de Facebook), poderemos ir respondendo a cuestións que odiamos: odias os filmes románticos? deixar propina nos bares? á xente que saca selfies? … Coas nosas respostas irase construíndo o noso perfil de usuaria, e xa poderemos comezar a buscar outra xente.

Como é de prever, o algoritmo da aplicación amosaranos outras usuarias coas que teñamos un certo grao de afinidade, pero das cousas que non nos gustan. Xunto á imaxe de cada unha desas persoas amosarásenos a porcentaxe de coincidencia nos odios, xunto coa distancia á que se atopa de nós. Neste punto, poderemos descartar o perfil ou aprobalo, e no caso de que se produza un “match” iniciar o contacto.

Polo de agora Hater só está dispoñíbel para iOS, en fase beta e unicamente en inglés. Con todo, está previsto que chegue proximamente a Android. Animarédesvos a usala?

Sobre o autor

Reply