O Galaxy S8 incluiría uns auriculares con cancelación de ruído

Se sodes das que este ano tedes pensado actualizar o voso móbil, pero estades agardando a ver que se presenta nas próximas semanas e entre os candidatos tedes o novo Samsung Galaxy S8, interésavos isto. E é que, ao tempo, poderemos mercar uns novos auriculares sen fíos con cancelación de ruído.

Segundo informa a propia Samsung, este novo accesorio será quen de reducir o ruído ambiente até os 20 dB, acadando así un son máis envolvente. Porén, isto non nos obrigará a ter que renunciar a atender ao que pasa ao noso arredor grazas á tecnloxoía “Talk in mode”, que permite escoitar o que acontece cando alguén nos chama polo noso nome.

O prezo destes auriculares rondará os 130 euros, e poderémolos mercar en catro cores: vermello, verde, prata ou negro.

Sobre o autor

Reply