Fíltranse as versións e os prezos dos Huawei P10 / P10 Plus

O domingo 26 de febreiro Huawei presentará os novos Huawei P10 e Huawei P10 Plus, dous dispositivos dos que xa se foron publicando características e algunha que outra imaxe. Ademais, adiantándose á cita no Mobile World Congress, vense de saber que versións haberá de cada un deles e, non menos importante, os prezos que terán.

Segundo parece, ambos modelos compartirían gran parte das súas especificacións: pantalla de 5,5 polgadas con resolución 1440 x 2560 píxeles, procesador de fabricación propia (o Kirin 965), dobre cámara traseira de 12 megapíxeles con ópticas Leica e cámara frontal de 8 megapíxeles. A gran diferenza entre eles sería en que a versión Plus tería a pantala curvada en ambos lados do trebello.

As diferenzas entre as versións de cada modelo veñen dadas, como xa é habitual, pola cantidade de memoria RAM e de memoria interna de cada un deles.

  • Huawei P10. No caso do Huawei P10 teremos un total de 3 versións: 4 GB de RAM + 31 GB de memoria interna, 4 GB + 64 GB e 6 GB + 128 GB.
  • Huawei P10 Plus.  Na versión Plus unicamente teremos dúas versións, 4 GB + 64 GB ou 6 GB + 128 GB, para RAM e memoria interna, respectivamente.

En canto aos prezos, outro dos aspectos que veñen dados por esta última filtración, serían os seguintes:

  • Huawei P10 (4 GB + 32 GB): ~470 €
  • Huawei P10 (4 GB + 64 GB): ~550 €
  • Huawei P10 (6 GB + 128 GB): ~630 €
  • Huawei P10 Plus (4 GB + 64 GB): ~670 €
  • Huawei P10 Plus (6 GB + 128 GB): ~780 €
Con todo, malia adiantársenos estes datos, haberá que agardar á data de presentación para descubrir todas as peculiaridades deste modelo

Sobre o autor

Reply