Vodafone ofrecerá datos ilimitados en todas as tarifas o Día dos Namorados

A operadora Vodafone vén de anunciar unha promoción para celebrar o Día dos Namorados, que se celebrará o próximo martes 14 de febreiro, grazas á cal regalará todos os datos consumidos desde o smartphone, tablet ou módem WiFi.

Para disfrutar desta promoción as usuarias da compañía encarnada deberán darse de alta desde a aplicación Mi Vodafone o luns 13 de febreiro ou o propio día 14. Por outro lado, as usuarias que viñan de Ono deberán facelo a través da aplicación Mi Fibra ONO, aínda que neste caso antes do 13 de febreiro.

Desta maneira, Vodafone ofrecerá ás clientas navegación a máxima velocidade a través da rede 4G, permitindo o envío de todas as fotos e vídeos, acceso a redes, streaming ou o que se queira facer co móbil sen consumir datos da propia tarifa.

Sobre o autor

Reply