YouTube Go, unha versión lixeira para aforrar datos ou zonas de mala cobertura

Nos últimos tempos vimos como varias aplicacións de relavancia sacaron versións máis lixeiras, co obxectivo de aumentar a súa popularidade, ao poderse empregar en trebellos máis modestos ou reducir o consumo de datos móbiles.

Unha das últimas é YouTube. A popular aplicación de Google vén de lanzar YouTube Go, co obxectivo de levar todo o contido da plataforma ás áreas con mala cobertura ou, tamén, a quen queira reducir ao máximo o seu consumo de datos móbiles.

Os factores diferencias desta app son dous: o primeiro, que permite elixir en todo momento a calidade na que queremos ver os vídeos, indicando o que pesan, e o segundo que deixa descargar os vídeos, aínda que isto é algo que ten restrición xeográfica.

Para poder empregar a aplicación debemos verificar o noso número de móbil. Ademais de servir para restrinxir a descarga de vídeos por países, o número tamén identificará contactos que empregan a aplicación, de maneira que se poden transferir estas descargas a outros contactos. Porén, isto só funcionará naqueles países nos que se permita  descarga dos contidos.

Play Store | YouTube Go

Deixa un Comentario