Amena mellorará case todas as súas tarifas a partir do 1 de marzo

Co gallo do Nadal, a operadora Amena (marca low cost de Orange) levou a cabo unha promoción que consistiu en ampliar a cantidade de datos en todas as tarifas móbiles até o próximo 28 de febreiro, día en que remata. Porén, a compañía procederá a manter estas condicións de maneira indefinida a partir do 1 de marzo en dúas das tarifas, e unha terceira mellorará en menor medida.

Deste modo, a partir do próximo mes as tarifas de Amena quedarán estruturadas da seguinte maneira:

  • 1,5 GB + chamadas a 0 cént/min (6,95 €/mes). Ofrecerá 1,5 GB de datos, chamadas a 0 céntimos con establecemento de 18,15 cént/chamada e SMS ilimitados
  • 3,5 GB+ 100 minutos (14,95 €/mes). É a única tarifa que non se actualizará. Leva 3,5 GB de datos, 100 minutos a calquera destino e SMS ilimitados. Os excesos de minutos son a 0 cént/min con establecemento de 18,15 cént/chamada.
  • 3 GB + chamadas ilimitadas (19,95 €/mes). Ofrece 3 GB de datos, chamadas e SMS ilimitados.
  • 8 GB + chamadas ilimitadas (24,95 €/mes). Malia que durante a promoción ofreceu 10 GB no canto dos 7 estándar, tras o 1 de marzo quedará en 8 GB, con chamadas e SMS ilimitados.

O que non cambia é a tarifa “Amena en Casa”, unha opción de Internet para o fogar que por 29,95 € ofrece 40 GB de navegación 4G para o fogar, aínda que as usuarias máis antigas seguen mantendo os 100 GB de navegación e 5 GB de descargas da tarifa antiga.

Sobre o autor

Reply