O Nubia N1 Black mellora as súas prestacións coa nova versión de 3 / 64 GB

Nubia vén de anunciar o lanzamento dunha nova versión derivada do N1, o N1 Black, que mellora as prestacións ao introducir 3 GB de RAM e 64 GB de memoria interna, pensando nas usuarias que máis avanzadas ou que precisan máis almacenaxe interna.

O trebello incorpora un procesador MediaTek, o MTK Halio P10 8 core ARM Cortex A53, xunto cos xa comentados 3 GB de RAM e 64 GB de memoria interna. En todo caso, esta capacidade pódese ampliar a través de tarxetas microSD de até 128 GB.

A súa pantalla é de 5,5 polgadas, con resolución Full HD (1080 p, 401 píxeles por polgada), con función de pantalla partida en case todas as aplicacións. No apartado multimedia, a cámara principal é de 13 megapíxeles (sensor Sony IMX298), e conta con retroiluminación e enfoque por detección de fase PDAF.

A batería é un dos puntos fortes deste modelo, pois dispón de 5000 mAh de capacidade, o que fará que nos esquezamos da carga diaria. Esta capacidade compleméntase con varias tecnoloxías, hardware e software, que optimizan o consumo e fan que poida chegar até os 3 días de autonomía.

Dispoñibilidade e prezo

O Nubia N1 Black comercialízaze a través de Phone House, Telecor e FNAC por 249 euros, 20 euros máis que a versión estándar N1, que custa 229 €.

About The Author

Reply