Meizu M5s, unha versión actualizada do M5 con poucos cambios

O fabricante chinés Meizu estrea novo terminal, aínda que máis que falar dun nodelo novo deberíamos falar dunha revisión dun trebello xa existente. E é que o novo Meizu M5s é en realidade unha revisión do Meizu M5, co procesador actualizado e incluíndo acabado metálico, o que ofrece unha maior sensación de calidade aparente. O resto de especificacións mantéñense practicamente sen cambios.

O novo Meizu M5s aposta polo procesador MediaTek MT6753, de oito núclos e Mali-T720, xunto con 3 GB de memoria RAM e opcións de 16 ou 32 GB de capacidade interna. A pantalla é un panel IPS de 5,2 polgadas, calidade HD (282 píxeles por polgada), e unha lixeira curvatura 2.5D.

A cámara principal é de 13 megapíxeles, con apertura f/2.2, flash dual e detección de fase PDAF, mentres que a dianteira é de 5 megapíxeles con apertura f/2.0. Complementando a folla de especificacións temos lector de pegadas dixitais, Bluetooth 4.0, WiFi de dobre banda, conectividade 4G-LTE e 3000 mAh de batería con carga rápida.

Dispoñibilidade e prezo

O novo Meizu M5s porase á venda en China o próximo 20 de febreiro. A versión de 16 GB custará ao cambio uns 110 €, mentres que o de 32 GB quedará algo por baixo dos 140 €.

Sobre o autor

Reply