Movistar multiplica x4 os datos de case todas as súas tarifas de contrato

Nos últimos meses a práctica totalidade dos operadores fixeron cambios nas súas tarifas para adaptarse ás novas necesidades das usuarias, na meirande parte engadindo máis datos. Nalgúns casos estes cambios chegaron sen aumentos de prezo e noutros con pequenas – pero non desprezábeis – subas na cota.

Agora é a quenda de Movistar, que a partir de mañá, 18 de xaneiro, comezará a aplicar significativas melloras en case todas as súas tarifas de contrato. Ademais, aplicará unha nova denominación para identificar ás tarifas pola cantidade de datos no canto de polo seu prezo.

  • Tarifa #2 (15 €/mes). É a antiga Vive 15, con 2 GB de datos para navegación e chamadas a 0 céntimos / minuto, cun establecemento de chamada de 20 céntimos.
  • Tarifa #6 (26 €/mes). Trátase da antiga Vive 26 (1,5 GB + 200 minutos) actualizada con 6 GB de datos e 200 minutos de voz.
  • Tarifa #10 (34 €/mes). É a antiga Vive 32 (2,5 GB + chamadas / SMS ilimitados), que mantén as chamadas e SMS ilimitados e pasa a contar con 10 GB de datos.
  • Tarifa #20 (45 €/mes). É a actualización da Vive 45 (5 GB + chamadas/SMS ilimitados). Tamén mantén chamadas e SMS, pero pasa a ter 20 GB de datos

Ademais de todas estas novidades, que se aplicarán tanto a novos clientes como ás usuarias actuais, a Tarifa #20 disporá de servizo mulSIM sen custe adicional.

About The Author

No Responses

Reply