Fíltrase o HTC One X10, un gama media que podería chegar no MWC

A través da rede social chinesa Weibo vense de filtrar un novo smartphone de gama media de HTC, deixando ver tanto o seu aspecto físico, como as súas características técnicas e mesmo o seu prezo. Trátase do HTC One X10, e podería ser anunciado de maneira oficial durante o Mobile World Congress que comeza a finais desta semana.

O trebello conta cunha pantalla de 5,5 polgadas e resolución 1920 x 1080 píxeles, e no seu interior leva un procesador MediaTek MT6755, de oito núcleos e unha frecuencia de 1,9 GHz, ademais de GPU Mali-T860. A RAM é de 3 GB e a memoria interna de 32 GB, aínda que ampliábel mediante tarxetas microSD.

No apartado multimedia teríamos unha cámara principal de 16 megapíxeles, mentres que a frontal quedaría nos 8 Mpx. A súa baterías sitúase nos 3.000 mAH de capacidade e dispón de lector de pegadas dixitais, o que abre a porta á identificación biométrica.

A filtración tamén sinala o prezo que tería este modelo, 288 dólares, que se ben é algo alto para un dispositivo destas características, sitúase na liña dos prezos de HTC á hora de lanzar un novo dispositivo.

Sobre o autor

Reply