20% de desconto até final de mes para as novas contratacións de Oceans

Nos últimos meses a operadora galega Oceans foi encadeando diversas promocións (Nadal, rebaixas de xaneiro, San Valentín…) e agora a cousa non para, pois até o próximo 28 de febreiro, inclusive, poderanse contratar servizos e produtos con descontos de até  do 20%.

Os descontos afectan a practicamente todas as tarifas móbiles ÁGil, así como tamén aos produtos de converxencia de fixo + móbil + Internet Único. Por outro lado, tamén se aplican descontos no prezo dos terminais Samsung Galaxy J3 e Galaxy J5.

Por un lado, as tarifas ÁGil (agás a modalidade de 8 GB + chamadas ilimitadas) vense beneficiadas por un 20% de desconto, aplicado até o 30/04/2017. Tan só é preciso facer a contratación dalgunha delas a través do teléfono de atención ao cliente (1770) ou mediante a páxina web de Oceans. Por outro lado, os produtos converxentes Único acóllense á nova promoción cun 20 % de desconto, igualmente aplicado até o 30/04/2017.

Xa por último, Oceans ofrece a posibilidade de adquirir un Samsung Galaxy J3 ou Galaxy J5 a prezo rebaixado, asociándoo a calquera das tarifas móbiles ÁGil (novamente, agás a de 8 GB + chamadas ilimitadas).

Sobre o autor

Reply