Track&Go: Samsonite e Vodafone alíanse para localizar a nosa equipaxe

No 2015 perdéronse 23,1 de maletas, e aínda que unha gran maioría foron devoltas ás súas donas nunha media de 48 hotas, aproximadamente o 6% desa equipaxe nunca volveu coas pasaxeiras ás que pertencían. O proxecto do que hoxe queremos falarvos ten que ver con iso, e une a dúas grandes empresas: Samsonite, líder en fabricación de maletas, e Vodafone, operadora que encabeza o I+D vencellado ao Internet das Cousas (IoT).

O resultado desta unión é Track&Go, un dispositivo que pode incorporarse a calquera equipaxe, e que permite que este sexa localizábel pola súa propietaria de maneira segura e eficaz. Para iso emprega a tecnoloxía Narrowband-IoT (NB-IoT), que require pouca enerxía para transmitir a información.

Track&Go basea o seu funcionamento en dous principios, as alertas de proximidade e a xeolocalización. Deste modo, cando unha persoa emprende a marcha e a equipaxe escapa do radio de alcance, recibe unha alerta no smartphone, o que permitirá deixar con confianza a equipaxe no compartimento reservado a tal efecto, por exemplo nos trens.

Nunha segunda fase, xa en probas, está previsto que esta tecnoloxía permita localizar os obxectos de equipaxe en calquera lugar grazas á xeolocalización dos mesmos. É obvio que isto non evitará que a nosa maleta acabe noutro lugar, mais cando menos saberemos onde está en todo momento.

Sobre o autor

Reply