Wiko anuncia o seu novo buque insignia, o Wiko WIM

A compañía francesa Wiko non deixou pasar a oportunidade de estar no Mobile World Congress para anunciar novos trebellos, entres eles o seu novo buque insignia. Falamos do Wiko WIM, que tamén ten unha versión Lite; ambos os dous centran a atención na fotografía.

Neste senso, o Wiko WIM integra un sistema de cámara dual traseira con sensores Sony de 13 megapíxeles, un dos cales captura a cor e a outra en branco e negro. Por outro lado, para a cámara frontal escolleron un modelo de 16 megapíxeles, unha das máis altas resolucións nun smartphone para facer selfies.

En canto ao resto de especificacións, o Wiko WIM leva unha pantalla AMOLED de 5,5 polgadas con tecnoloxía 2.5D e resolución 1080p, procesador Qualcomm Snapdragon 626, de oito núcleos e con tecnoloxía de 64 bits, 4 GB de memoria RAM e 64 GB de memoria interna ampliábeis mediante tarxetas microSD. A batería é de 3.200 mAh e dispón de sistema de carga rápida, capaz de acadar o 60% en apenas 30 minutos. Tamén leva NFC e lector de pegadas dixitais.

Wiko WIM Lite

Wiko tamén anunciou o WIM Lite, un modelo cun hardware algo máis modesto. Dispón de pantalla de 5 polgadas con resolución 1080, procesador Qualcomm Snapdragon 435, 3 GB de RAM e 32 GB de memoria. A cámara deixa de ser dual para ser un modelo de 13 megapíxeles.

Dispoñibilidade e prezo

Está previsto que ambos modelos cheguen ao mercado a finais de maio ou comezo de xuño. O Wiko WIM custará uns 400 euos, mentres que o WIM Lite quedará nos 259 €. Ambos os dous veñen con Android 7.0 – Nougat de fábrica.

Sobre o autor

Reply