ARCHOS 101 Saphir, unha tablet resistente para o uso ao aire libre

Hoxe en día atopármonos con teléfonos robustecidos non é gran novidade, aínda que de cando en vez sorpréndenos ver algún modelo que se sae da media. Porén, resulta máis extrano descubrir tablets neste mesmo sentido, e no Mobile World Congress puidemos ver o que sen dúbida é un dos primeiros exemplos.

Trátase da nova tablet ARCHOS 101 Saphir, un dispositivo 2-en-1 con teclado que este fabricante francés desenvolveu pensando nas persoas que, ben polo seu traballo ou ben por temas de ocio, precisan un trebello deste tipo que poder empregar en exteriores.

As súas especificacións técnicas son sinxelas, quizais pensando en que un trebello secundario debe ser un modelo básico, mais pensamos que non tería estado de máis apostar de primeiras por un hardware un pouco máis potente.

A ARCHOS 101 Saphir leva unha pantalla IPS de 10,1 polgadas con resolución HD (1280 x 800), e no seu interior un procesador MediaTek de 4 núcleos a 1,3 GHz, xunto con 1 GB de memoria RAM e 16 GB de memoria interna. Dispón ademais de dobre cámara (5 e 2 megapíxeles), batería de 6000 mAh, GPS, micro HDMI e o xa universal USB Tipo C. Como sistema operativo leva Android 7.0 Nougat.

No aspecto de deseño, dispón dun marco resistente que protexe ao trebello da caídas, pensando nos entornos máis hostís. Está pensada para poder resistir caídas de até 1 metro, así como o pó e as salpicaduras de auga segundo o estándar IP54.

Dispoñibilidade e prezo

A ARCHOS 101 Saphir chegará ao mercado antes da campaña de verán por uns 150 euros.

Sobre o autor

No Responses

Reply