Así son o Archos 50 e 55 Graphite, as novas propostas de Archos no MWC17

Ademais da tablet da que falamos onte, Archos levou ao Mobile World Congress 2017 dous novos smartphones, o Archos 50 e o 55 Graphite.

É de agradecer o interese da empresa por incorporar no 55 Graphite as últimas tecnoloxías nun terminal que terá un prezo moi axustado. Así, por exemplo, no 55 Graphite atoparemos dúas cámaras de 13 mpx na parte posterior con autofocus e flash LED e mesmo sensor de pegada datilar co que se poderá desbloquear o terminal en menos de 0,3 segundos.

A empresa decidiu incorporar un chipset Mediatek MT6737 de catro núcleos 1.5 GHz, 2 GB de RAM e 16 GB de
almacenamento interno ,ademáis dunha microSD até 128 GB. A versión de Android que atoparemos neste terminal é 7.0, Nougat.

Este modelo conta cun deseño moi delgado de tan só 7,8 mm e unha pantalla de 5.5″ IPS, con borde redondeado o que fai que sente ben cando o temos na man. En canto á conectividade destacamos o porto USB Type C que axiña cargará os 3000 mAh cos que conta a batería. Ademáis destacan os dous slots para as tarxetas SIM e conexión LTE.

Ao seu carón veremos unha versión con especificacións máis axustadas; a súa pantalla de só 5 polgadase 1 GB de RAM, iso si, manterá os 16 GB de almacenamento interno. O seu nomé será Archos 50 Graphite.

Estes dous terminais chegarán ao mercado no mes de xuño por un prezo que comeza nos 130€ na versión máis básica.

Sobre o autor

Reply