Pepephone lanza catro novas tarifas con 1001 minutos e datos variábeis

Hai unhas semanas Pepephone, agora en mans de MásMóvil, anunciaba a súa tarifa “Ilimitada”, que inclúe 10 GB de datos e 1001 por 27,90 €/mes. Esta tarifa sumábase ás outras 5 dispoñíbeis de 1, 1.5, 2.5, 4.5, 10 GB de datos con chamadas a 0 céntimos/minuto e un abano de prezos que vai dos 5,90 €/mes aos 24,90 €/mes.

Pensando naquelas usuarias que falan bastante por teléfono e prefiren ter un bono de minutos de coste fixo antes que andar a pagar polos establecementos de chamada, Pepephone vén de adaptar ese bono de 1001 minutos ás tarifas de datos.

As novas tarifas “Limitadas”, quedan como segue:

  • Tarifa Limitada 1.0 GB + 1001 minutos: 14.9 euros/mes
  • Tarifa Limitada 1.5 GB + 1001 minutos: 15.9 euros/mes
  • Tarifa Limitada 2.5 GB + 1001 minutos: 17.9 euros/mes
  • Tarifa Limitada 4.5 GB + 1001 minutos: 20.9 euros/mes
  • Tarifa Limitada (10 GB + 1001 minutos): 27.9 euros/mes

Deste modo, Pepephone complementa a súa oferta con solucións para perfís moi diferentes de usuaria, mantendo a conectividade 4G en todas as tarifas.

Sobre o autor

Reply