Ford e Vodafone únense para ofrecer servizos de conducción conectada

Durante o Mobile World Congress celebrado a semana pasada, a operadora Vodafone e o fabricante de vehículos Ford anunciaron un acordo de colaboración global para dotar aos coches de conectividade 4G. Isto ten como obxectivo que os novos modelos de Ford conten cun hotspot WiFi, mais tamén para outras aplicacións de conectividade máis interesantes.

Este servizo, chamado FordPass Connect, inclúe unha aplicación que permitirá ás usuarais bloquear e desbloquear as portas do cohce de maneira remota ou comprobar algúns parámetros básicos, como o nível de combustíbel, de aceite, batería ou da presión dos neumáticos a distancia.

Por outra banda, outro dos aspectos que contempla este proxecto é a integración de eCall, o sistema europeo de emerxencia que activa unha chamada ao 112 de maneira automática (e cos datos da nosa ubicación) no momento en que detecta un accidente.

Todos estes servizos estarán dispoñíbeis nos modelos de Ford que se presentarán de cara a finais de ano, polo que no 2018 serán realidade na práctica totalidade dos vehículos deste fabricante.

Sobre o autor

Reply