A operadora FreedomPop lanza o seu primeiro smartphone por 59 euros

Cando a operadora FreedomPop lanzou o seu revolucionario servizo no Estado español, tamén deixou a porta aberta a comercializar os seus propios dispositivos. Ese momento chegou, e o FreedomPop V7 é o primeiro modelo exclusivo desta operadora. Trátase dun trebello moi sinxelo que conta con tecnoloxía “WiFi first”, grazas á cal realiza as chamadas a través de WiFi como primeira opción, mais tamén é quen de transferir (sen cortes) as chamadas en curso da WiFi á rede móbil.

As súas especificacións son bastante sinxelas. Incorpora unha pantalla de 5 polgadas e no seu interior leva un procesador Qualcomm Snapdragon 210, xunto con 1 GB de memoria RAM e 8 GB de memoria interna, ampliábeis mediante microSD de até 32 GB. A batería é de 2100 mAh, unha capacidade un tanto xusta para un terminal dese tamaño.

No apartado multimedia leva unha cámara principal de 13 megapíxeles, e na frontal unha de 5 megapíxeles. En canto ao sistema operativa, leva Android 6.0 – Marshmallow.

Dispoñibilidade e prezo

O FreedomPop V7 custa 59 euros, un prezo que xa inclúe unha tarxeta SIM coa tarifa básica gratuita, coa que podemos ter voz, mensaxes e datos sen pagar céntimo a o mes. No concreto, o plan básico de FreedomPop ofrécenos 100 minutos de chamadas, 200 MB de datos e 300 SMS, ademais de WhatsApp sen límites.

Que vos parece?

Sobre o autor

No Responses

Reply