Yoigo estrea “Las de Casa”, tarifas de fixo cunha liña móbil de regalo

Tras inaugurar as súas tarifas converxentes, Yoigo vén de engadir ao seu catálogo de servizos as novas tarifas “Las de casa”, pensadas para as usuarias que só que só precisan Internet na casa, aínda que a compañía regala tamén unha liña móbil.

Por 35 €/mes poderemos ter ADSL até 20 Mbps ou fibra simétrica de 50 Mbps, mentres que por 10 € máis (45 €/mes) teremos 300 megas simétricos. Nos tres casos Yoigo inclúe teléfono fixo con tarifa plana a fixos estatais e 60 minutos de chamadas a móbiles ao mes.

Ademais, as usuarias que contraten este servizo fixo de Yoigo levarán unha liña móbil con 500 MB de datos e chamadas a 0 cént/min, cun establecemento de 20 cént/chamada de maneira totalmente gratuíta, que ben poderemos usar como segunda liña ou para alguén que faga un uso escaso do teléfono.

Sobre o autor

Reply