Dous meses de HBO de balde grazas ao Google Chromecast

O Google Chromecast é sen dúbidas un dos accesorios imprescindíbeis para a nosa televisión, xa que por menos de 40 euros somos quen de facer da “caixa tonta” unha gran pantalla á que poder enviar desde o noso smartphone, tablet ou ordenador todo tipo de contidos para a súa reprodución.

Entre as aplicacións que máis se benefician deste aparello están as dos diferentes servizos de televisión á carta, como HBO, Netflix ou WuakiTV. Google é consciente disto, e por iso regala dous meses de proba de HBO España ás usuarias que posúan un Chromecast ou que se fagan cun antes do 30 de maio de 2017, isto é, un mes a maiores do período de proba habitual.

Esta promoción só é válida para novas usuarias de HBO, e canxela é bastante sinxelo: basta con acceder á aplicación Google Home, acudir á sección de Ofertas ou Descubrir e pulsar sobre ela para conseguir un código promocional. Isto débese facer antes do xa citado 30 de maio.

Con ese código debemos ir á web de HBO España e proceder ao rexistro, introducíndoo no casilleiro correspondente. Cabe sinalar que, en calquera caso, debemos  indicar a nosa información bancaria para que tras finalizar a promoción poidan cobrarnos os 7,99 €/ mes habituais, aínda que se damos de baixa antes non nos cobrarán nada.

Máis info | Termos e Condicións

Sobre o autor

Reply