Digi Mobil estrea bonos de voz e datos para roaming, aínda que con prezos pouco competitivos

Mentres agardamos pola fin do roaming europeo, fixado parao 15 de xuño deste ano, cada vez son máis as operadoras que moven ficha e adiantan dun ou de outro xeito este momento. A última en facelo é Digi Móbil, un operador virtual que vén de anunciar dous bonos que supoñen certo aforro fronte as tarifas legais en vigor.

Estes novos bonos, de carácter semanais, son para uso de voz e navegación, respectivamente. Por 5 € poderemos falar 100 minutos, mentres que por outros 5 € poderemos navegar 100 MB. Na práctica isto non supón un gran aforro se temos en conta que o prezo do minuto está fixado en 6 céntimos, polo que só compensará se se fan moitas chamadas (ao aforrar o establecemento) ou se se apura o bono para esgotar os minutos.

As usuarias desta operadora poden empregar o código *122# + tecla de chamada para consultar os minutos ou megas que lle restan dun bono contratado, mais tamén para facer a contratación de novos bonos.

A listaxe de países que se inclúen nesta promoción son: Alemania, Austria, Bélxica, Bulgaria, Chipre, Dinamarca, Eslovaquia, Finlandia, Francia, Grecia, Holanda, Hungría, Irlanda, Islandia, Italia, Lituania, Luxemburgo, Malta, Noruega, Polonia, Reino Unido, República Checa e Suecia. Ademais, tamén se pode chamar a España ou Rumanía sen custes.

Sobre o autor

Reply