Pilbeo, a app que pode axudarte no Camiño de Santiago

O Camiño de Santiago é unha experiencia que, aló menos unha vez na vida, deberiamos ter todas nós. Arredor da idea orixinal van xurdindo tanto novas maneiras de facer o camiño (correndo, en bici, a cabalo,…) como iniciativas que tentan axudarnos nesta dura aventura.

Unha destas iniciativas é Pilbeo, a única plataforma 100% online de transporte de equipaxe durante o Camiño, que nos permite levar a equipaxe dun punto a outro mentes nós facemos a etapa moito máis lixeiros.

A aplicación funciona en máis de 370 localidades e 2500 aloxamentos ao longo do camiño francés, portugués, sanabrés e mesmo cubre os traxectos até Fisterra e Muxía. Ademáis, un punto interesante é que podemos seguir o percorrido da nosa equipaxe a tempo real grazas a notificacións que recibiremos nos nosos smartphones e asi ter controlado onde están as nosas cousas.

Os prezos parten dos 4€/bulto/etapa podendo acollerse a descontos ou ofertas e que podedes consultar desde aquí. E o medio de pago vai desde a tarxeta de crédito ou transferencia até pagos seguro mediante PayPal. Ao formalizar a reserva, teremos que imprimir a Pilbeo Card e colocala nun punto visíbel da equipaxe que identifica as túas pertenzas e o itinerario que vai seguir.

Para cubrir todas as posibilidades, podemos contratar Pilbeo desde a sía web, por teléfono (chamada, sms ou whatsapp) e mesmo descargando a app, que podemos atopar na Play Store sen custo algún.

Sobre o autor

No Responses

Reply