Lenovo Vibe B, un terminal moi sinxelo con Android

Lenovo estrea novo terminal, o Lenovo Vibe B, un dispositivo moi sinxelo orientado ás persoas que buscan un trebello económico e unhas prestacións básicas. O teléfono custa uns 80 euros ao cambio e destaca por ter conectividade 4G.

A súa pantalla é un panel FWVGA de 4,5 polgadas, cunha resolución de 480 x 854 píxeles. No seu interior leva un procesador MediaTek MT6735M, de catro núcleos a 1 GHz e con arquitectura de 64 bits, xunto con 1 GB de RAM e 8 GB de memoria interna, ampliábeis mediante tarxetas microSD de até 32 GB.

En canto ás súas cámaras temos dous sensores básicos, na liña do resto de especificacións. A principal é de 5 megapíxeles e leva flash LED, mentres que a secundaria (frontal) fica nos 2 megapíxeles. A batería é de 2000 mAh, e da sú conectividade destacamos o 4G.

Descoñecemos se Lenovo ten nos seus plans vender este dispositivo no noso mercado, aínda que aquelas persoas que estén interesadas en facerse cun sempre poden acudir ás tendas de importación.

About The Author

Reply