Así é Dive, a app que muda o xeito de consumir televisión

Se vos gústa o cine ou as series, Dive é a vosa app pois conta cunha chea de posibilidades, coas que até o de agora só podiamos soñar. Esta aplicación permite obter unha morea de información relacionada coa serie ou película que estades a ver nese intre e a tempo real. Seguro que estaredes a pensar que é unha app tipo IMDb, pero non é así e dá un paso máis ofrecendo información sobre as localizacions que aparecen durante a emisión e mesmo dos vehículos ou da música que escoitamos, todo agrupado en 20 categorías diferentes.

Desfrutar de todas estas posibilidades é sinxelo, só temos que descargar a app no noso terminal e sincronizar a app co contido que estamos a ver, para comezar a recibir no noso smartphone esa información extra relacionada coa nosa serie ou película favorita.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Para sacarlle o máximo partido á app e preciso ter unha Smart TV Samsung ou empregar servizos tipo Netflix, HBO, Wuaki ou Movistar+, e neste caso vencellar o contido por audio.

Polo de agora contamos con máis 2500 películas e series en Dive e pouco a pouco vaise completando a súa base de datos con novas incorporacións.

Se lle queredes dar unha oportunidade a Dive, premendo nesta ligazón podedes descargala de balde na Play Store.

Sobre o autor

Reply