Huawei renova o Honor 6X para facelo máis competitivo na súa gama

Huawei confía cada vez máis en Honor, a súa segunda marca destinada ao mercado europeo. Este ano chegaba ao mercado o Honor 6X, que agora vén de sufrir unha importante renovación para facer deste terminal un dispositivo máis atractivo e competitivo da súa gama.

A nova versión do Honor 6X é máis premium, aumentando a súa memoria RAM até os 4 GB e duplicando de 32 a 64 os GB de memoria interna. Porén, as principais melloras chegan na cámara, abrindo o rango de apertura, que agora vai desde f/.95 até f/1.6, co que se conseguen mellores fotografías en condicións de pouca luminosidade.

O que non cambia nesta nova versión do Honor 6X é a súa pantalla, que se mantén nas 5,5 polgadas con resolución Full HD, nin o procesador que emprega, un Kirin 655 de 8 núcleos.

Se estades interesadas na nova versión do Honor 6X, esta xa está dispoñíbel en Media Markt por un prezo de 326€, chegando en poucos días a máis distribuidores.

Sobre o autor

Reply