Instagram xa permite a autenticación en dous pasos

Instagram está a traballar para facer da aplicación un lugar seguro para as súas usuarias, e por ese motivo Facebook decidiu implementar a autenticación en dous pasos, unha solución que, como o seu propio nome indica, dificulta os accesos non autorizados á nosa conta grazas á aplicación de mecanismos de dobre acceso.

Para activala, non temos máis ca ir ás opcións de configuración, e máis concreto ao apartado “conta”. Alí veremos unha liña que pon “autenticación en dous pasos”, e premendo nela chegamos ao lugar desde onde poderemos solicitar un código de seguridade que chegará en forma de SMS ao noso terminal cada vez que queiramos iniciar sesión.

Grazas a isto faise máis complicado o acceso á nosa conta de Instagram por parte de terceiras persoas que puideran ter acceso á nosa conta dun ou de outro xeito.

Outra novidade que atoparemos nesta últiama actualización, son novas ferramentas para bloquear contas, controlar comentarios ou as etiquetas das fotos e así establecer filtros para non ver comentarios que consideramos inapropiados.

 

Por último, Instagram pixelará unha imaxe denunciada por outra usuaria, aínda que non incumpra as normas da comunidade, seguindo coa súa política de contido sensíbel, máis de calquera xeito o contido poderá ser visualizado con só premer na imaxe. Esta é unha medida preventiva, que despois da revisión á que se somete o contido denunciado, este sera definitivamente eliminado ou non.

Sobre o autor

Reply