Toda a información sobre o Nubia N1 Lite

Nubia é unha compañía chinesa fundada en 2012, e que hoxe xa ten presenza en países en América do Norte e Sudamérica, Europa, Rusia, India e Asia Sur-Oriental. Coñecida polos seus smartphones que combinan prestacións, deseño e bo prezo, o fabricante vén de anunciar o lanzamento no noso país do novo Nubia N1 Lite, un trebello económico, mais que non por iso renuncia a unhas especificacións interesantes.

O N1 Lite ten en realidade pouco de “Lite”. Trátase dun smartphone e 5,5 polgadas con resolución HD (1280 x 720), e no seu interior leva un procesador MediaTek MT6737, xunto 2 GB de memoria interna e 16 GB de memoria RAM, ampliábeis mediante tarxetas microSD de até 32 GB.

A súa batería é de 3000 mAh, non extraíbel, e as súas cámaras de 8 e 5 megapíxeles (traseira e frontal, respectivamente), ambas as dúas co seu correspondente flash tipo LED. Non lle falta sensor de pegadas dixitais, situado na parte traseira do trebello, e que ademais de permitirnos desbloquear o dispositivo tamén serve para facer capturas de pantalla e fotos de maneira moito máis rápida.

O Nubia N1 Lite é, como xa comentamos, un trebello modesto pero cunhas prestacións bastante interesantes para o seu prezo. Pódese mercar a través de The Phone House, Telecor, FNAC, Alcampo e Carrefour por 159 euros.

Sobre o autor

Reply