Tappear axuda a atopar os mellores bares con tapa

Vaiamos tomar un viño, un vermú ou unha Estrella, sempre é mellor cunha tapa que levenos á boca. Baixo esta premisa tan importante para moitas de nós, nace Tappear, a app galega para atopar os bares que poñen tapa coa consumición.

A través desta aplicación atoparemos unha listaxe dos locais que podemos visitar grazas ao uso da xeolocalización do móbil, así como outros datos de interese, como o horario e tipo de local ou as súas especialidades.

O mellor de todo é que se trata dunha aplicación colaborativa, de xeito que todas as usuarias poderemos compartir as nosas propias experiencias e completar a base de datos con novos lugares onde tapear de balde.

Tappear xurde dalgún xeito coma unha especialización doutras apps coma poden ser Swarm ou Foursquare, que ten a súa base na fotografía. Tappear, precisa dunha foto do que atopamos no noso bar favorito para engadilo á listaxe, e que así apareza dispoñíbel ao resto de usuarias.

Se pensades que é unha app da vosa interese, podedes descargar Tappear de balde desde a Play Store, premendo nesta ligazón.

About The Author

Reply