Probamos o Nubia Z11, un teléfono case sen marcos

Durante os últimos días estviemos a probar o Nubia Z11, un trebello que destaca tanto polo seu coidado deseño como polo seu hardware de alturaCentrándonos no primeiro aspecto, o dos acabados, temos que facer especial fincapé na boa escolla dos materiais para a súa construción, con marcos metálicos que se confunden coa pantalla, que ocupa todo o frontal, sen apenas marcos. Grazas a isto conseguimos unha gran relación tamaño de pantalla – tamaño do terminal.

O panel é de 5,5 polgada, e como dicimos ocupa practicamente todo o frontal. Ten unha resolución Full HD (1920 x 1080), e é ideal para o consumo de multimedia, ben sexan vídeos ou xogos. Ademais, a aposta pola curvatura 2.5D fai que a unión pantalla – chasis se difumine, sentando moi ben na man.

Un detalle a destacar é a posibilidade de configurar xestos propios nos bordes da pantalla, que nalgúns casos poden aforrarnos tempo para facer determinadas accións. Outra solución por software que incorpora Nubia neste terminal é a posibilidade de dividir a pantalla e visualizar dous contidos diferentes e ao mesmo tempo.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

En canto ao resto de carácterísticas, destacamos:

  • Procesador: Qualcomm Snapdragon 820 quad-core Kryo con GPU Adreno 530
  • RAM: 4 GB
  • ROM: 64 GB
  • Conectividade: 4G, Dual SIM, WiFi a/b/g/n 2.4/5 GHz, Bluetooth 4.1 e USB-C
  • Batería: Li-Po 3.000 mAh
  • Software: Android 6.0 personalizado con Nubia UI 4.0

Non debemos esquecer falar do seu lector de pegadas dixitais, que nos permite desbloquear o equipo dun xeito rápido e preciso. Certamente, pareceunos que funciona moi ben, e máis rápido do que cabería esperar para un modelo desta gama.

Cámaras

No apartado fotográfico hai que sinalar que o Z11 conta cunha cámara principal de 16 Mpx e lente f/2.0 de seis elementos. Complétase co estabilizador óptico OIS e os resultados son satisfactorios.

Como se pode ver neste albume da nosa conta en Flickr, as imaxes tomadas co Nubia Z11 son de notábel, aínda que non é un dos seus puntos máis fortes, pois aprézase un pouco de saturación e botamos en falta algo máis defininción nas fotos.

Batería

O Nubia Z11 leva unha batería de 3000 mAh, con capacidade de carga rápida. Este aspecto pareceunos moi interesante, pos nos permite cargar de 0 ao 40% da batería en apenas 30 minutos. Isto serve para rematar o día sen ter pasar apuros, mais en calquera caso, coa batería cargada ao 100 e cun uso intenso achegámonos ás 28 horas de autonomía, cunhas 6 horas de pantalla.

Conclusións

En liñas xerais o Nubia Z11 deixounos boas sensacións. É un terminal moi completo que conta cun bo deseño e o hardware cumpre á perfeccion nas situacións máis exixentes. Nos días nos que estivemos usando este terminal de xeito cotián, non atopamos lag e a apertura de aplicacións foi satisfactoria.

En canto á pantalla temos sentimentos contrapostos. Estamos díante dunha boa pantalla coa que visualizar contido multimedia é unha gozada, máis cando a tocamos de xeito apurado, para movernos entre aplicacións teclear ou outras interaccións, vemos que non “vai fina” e en múltiples ocasións temos que pulsar 2 veces para que o terminal responda o que empaña a experiencia de usuaria.

En resumo, pasando por alto a eiva da pantalla, pensamos que estamos diante dun terminal correcto que responderá ben en calquera situación que lle plantexemos. Podedes atopar este teminal con esta configuración por uns 500€.

About The Author

Reply