Probamos a Xiaomi Mi Smart Scale: comezou á “operación bikini”

Hai moita xente que pensa que Xiaomi só vende terminais móbiles: nada máis lonxe da realidade. O fabricante chinés comercializa unha morea de gadgets, e desta volta queremos falarvos da Mi Smart Scale, a súa báscula intelixente.

Como vemos nas imaxes, esta báscula conta cun deseño moi coidado, no que destaca unha pantalla dixital de bo tamaño na que vemos reflexado o noso peso cunha precisión de +/- 100 gramos medidos en kilos ou libras. Ademáis, o conxunto mide 30 x 2.8 x 30 cm e pesa 2,7 kilos.

Como moitas de vos pensades, como producto de Xiaomi que é, as súas posibilidades non rematan na medición do noso peso, se non que tamén a podemos vencellar co noso terminal vía bluetooth e grazas á app Mi Fit, podemos facer o seguemento dos nosos progresos.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Con esta app, podemos ver de xeito moi gráfico o resultado da nosa actividade física, a evolución do noso peso e comprobar así se o exercicio está dando os seus froitos e mesmo ver o noso IMC ou índice de masa corporal.

Como vedes, con Xiaomi, a operación bikini xa comezou 😉 e podedes mercar a báscula premendo nesta ligazón por uns 40 euros desde o noso país.

Unha vez máis, temos que que agradecerlle a Luis a súa axuda para facer esta breve análise.

Sobre o autor

Reply