Probamos o Xiaomi Roidmi 2, un completo e económico accesorio para o noso coche

Xiaomi ten unha ampla gama de productos á venta, e estes días tivemos a oportunidade de probar o seu RoidMi 2, un pequeno dispositivo tipo chisqueiro para o coche co que podemos facer moitas máis cousas.

O primeiro que destaca do dispositivo é o deseño coidado co que o fabricaron. A mistura entre policarbonato e aceiro inoxidable, apórtanos unha sensación de calidade que dificilmente atoparemos en dispositivos semellantes.

En canto ás funcións que incorpora temos a carga de terminais e ademáis está a posibilidade de empregar os altofalantes do coche, para reproducir a música aloxada no noso smartphone. Isto é posíble grazas ao módulo FM que incorpora e permite a conexión á radio do noso coche, e con noso terminal vía Bluetooth.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

A calidade da sinal é boa, e podemos ter una experiencia satisfactoria pero é certo que en certos momentos vemos interferencias, que malia todo, son moi puntuais. Ademáis coa app coa que configuramos o dispositivo, podemos elixir a cor en que queremos que se iluminen os conectores USB, como vemos na seguinte imaxe:

 

 

 

 

 

 

 

Tede en conta que xa está á venta unha nova versión chamada Roidmi 2S co que ademáis podemos escoitar as instruccións do navegador do noso móbil polos altofalantes do coche e mesmo podemos usalo como mans libres para recibir chamadas.

Como vedes o RoidMi 2 é un dispositivo moi completo co que somos quen de cubrir diferentes necesidades desde un só dispositivo, o cal podedes atopar por uns 12€ en Gearbest (prezo oferta no momento de facer este artigo).

Temos que darlle as grazas a Luis, pois sen a súa achega non poderiamos facer esta análise.

Sobre o autor

Reply