DIGI móbil baixa as súas tarifas, facéndoas do máis atractivo

A competencia entre a gran cantidade de operadores que temos para elixir obriga ás empresas a facer movementos arriscados para tratar de gañar nova clientela. Malia que en moitos casos esta aposta é polos servizos ou os contidos, o que case nunca falla é apostar polas baixadas de prezo. Iso é precisamente o que fixo DIGI móbil, renovando as súas tarifas para facelas moito máis atractiva.

A nova oferta de DIGI móbil está composta por 4 novos plans, que combinan unha certa cantidade de datos e minutos, e valen tanto para as usuarias de prepago como as de contrato. Son as seguintes:

  • 5 €/mes: 1 GB de datos e 100 minutos de chamadas nacionais e internacionais.
  • 10 €/mes: 2 GB de datos e 400 minutos de chamadas nacionais e internacionais.
  • 15 €/mes: 5 GB de datos e 800 minutos de chamadas nacionais e internacionais.
  • 20 €/mes: 10 GB de datos e 2000 minutos de chamadas nacionais e internacionais.

Ademais, todas estas tarifas inclúen 5000 minutos e 100 sms para chamar a outros móbiles DIGI, tanto os españois como os de outros países nos que tamén opera.

DIGI móbil permite a navegación unicamente en 3G, e ao rematar os datos reduce a velocidade sen custe adicional, aínda que quen prefira pode contratar datos extra, a razón de 200 MB por 1 € ou 1 GB por 3 €.

Sobre o autor

Reply