R anuncia unha nova tarifa móbil adicional con 1 GB e 100 minutos por 7 €/mes

R segue aumentando o seu portfolio de tarifas móbiles cunha nova alternativa pensada para a usuarias de produtos converxentes, é dicir, para quen combina as súas comunicacións fixas e móbiles nunha mesma factura. Se hai apenas unhas semanas anunciaban unha liña adicional con 500 MB e chamadas a 0 céntimos (+ establecemento) por 3 € ao mes, agora fan o propio coa nova TR 100 1 GB.

Esta nova tarifa TR 100 1 GB inclúe 100 minutos en chamadas a fixos e móbiles e 1 GB de datos por 7 euros ao mes. Porén, trátase dunha tarifa adicional, polo que para poder contratala é preciso ter unha tarifa plana 23 ou superior, ademais dun combo ou mambo actualizado. No caso contrario, o custe é de 12 euros ao mes.

Coa incorporación deste novo plan, R suma un total de 4 tarifas adicionais. As tarifas R 3 GB e R 2 Gb levan chamadas ilimitadas e 3 ou 2 GB por 13 e 10 € ao mes respectivamente, e para contratalas é preciso ter unha tarifa plana 23 ou superior, mentres que a tarifa 0 500 conta con 500 MB e chamadas a 0 céntimos por 3 €/mes, e só precisaremos dispór de outra liña con plana 15 ou superior.

Con este movemento, a operadora galega pretende ofrecer ás súas clientas unha proposta converxente máis atractiva, sobre todo pensando para aquelas usuarias dentro da familia que fan un uso máis lixeiro do móbil.

Sobre o autor

Reply