Pepephone transforma cada euro gastado en chamadas en megas para navegar

 

A operadora Pepephone caracterizouse en toda a súa historia por actuar de maneira diferente, aínda que ben é certo que tras a compra da compañía por parte de MásMóvil foron moitas as cousas que cambiaron. Porén, boa parte da súa esencia mantense intacta, o que fai que siga sendo unha opción atractiva para moitas usuarias.

Unha das últimas ideas “diferentes” que a compañía está xestando é “Genera MB“, unha nova funcionalidade que transformará cada euro gastado en chamadas nacionais (antes de impostos) en 100 MB extra para navegar, que poderán consumirse no mes seguinte ao que foron xerados.

Este novo complemento comezará a aplicarse no período de facturación de maio a partir do consumo xerado no mes de abril, e semella que a intención é que sexa unha promoción de carácter indefinido.

Sobre o autor

Reply