Nokia chega a un acordo con Google para actualizar rápido os seus terminais

Un dos maiores quebradeiros de cabeza de Android son as actualizacións, xa que a dependencia de diferentes axentes (Google, fabricantes, operadores…) adoita ralentizar o despregamento das novas versións do sistema operativo, agás honrosas excepcións.

HDM Global, o fabricante detrás da marca Nokia, ten amosado en numerosas ocasións a súa intención de que os seus trebellos sexan dos primeiros en actualizarse. Porén, agora esta intención vai un paso máis aló e chega en forma de acordo con Google para que os seus trebellos sexan dos primeiros en actualizarse.

O acordo entre ambas firmas vai máis aló das actualizacións a novas versións do sistema operativo, xa que tamén engloba as actualizacións de seguridade, parches que se publican con máis asiduidade.

Haberá que ver canto tempo son capaces de manter activo este pacto ambas compañías e se realmente HMD é capaz de cumprir a súa promesa, pois aínda que os novos móbiles con Android levan unha capa de personalización moi liviá, o certo é que vai ser complicado manter o ritmo de actualizacións que ten Google. Serán quen?

Sobre o autor

Reply