Doogee tamén se apunta aos móbiles sen marcos co novo Doogee Mix

O fabricante Doogee está traballando nun novo dispositivo, o Doogee Mix, un modelo que previsibelmente coñeceremos nos próximos días, mais do que o fabricante xa avanzou algunhas das súas especificacións, ademais dunha imaxe na que se amosa con todo luxo de detalle.

O máis destacado do Doogee Mix é o seu deseño, cunha gran pantalla na que os marcos quedan reducidos á mínima expresión, sumándose así a unha moda que siguen cada vez máis fabricantes nos seus dispositivos. Con isto conséguese ter trebellos de gran pantalla sen que iso supoña ter un dispositivo que non cabe na man.

A pantalla é un panel Super AMOLED de Samsung de 5,5 polgadas, da cal aínda descoñecemos a súa resolución. Atendendo á configuración interior atoparíamos varias versións, unha con procesador MediaTek Helio P25 con 4 GB ou 6 GB de RAM e 64 GB de memoria interna e outra con procesador MediaTek Helio X30, 8 GB de RAM e 128 GB de memoria.

Polo de agora descoñécense as características das súas cámaras e a presenza ou non de outros elementos cada vez máis imprecindíbeis, como o chip NFC ou o cargador USB Tipo C. O que si sabemos é que estará dispoñíbel en negro e dous tons de azul, cun prezo de partida de 200 euros.

About The Author

Reply