Free xa ofrece en Francia unha tarifa con chamadas, SMS e datos 4G ilimitados por 15,99 €/mes

Non é a primeira vez que miramos a Francia para falar de Free. No seu día a operador francesa revolucionou o mundo das tarifas móbiles cunha proposta que incluía, ademais de chamadas e SMS ilimitados, 50 GB de datos por 15,99 €/mes (para as clientas con banda larga fixa) ou 19,99 €/mes para as usuarias de só móbil.

A proposta tiña algo de letra pequena, e é que eses 50 GB eran para uso baixo a rede 4G da operadora, que chega ao 80% da poboación de Francia, mentres que o límite para os datos empregando a baixo a rede de Orange, operadora coa que ten o acordo de roaming local, era de 3 GB.

Pois ben, Free volve ficar no centro da información ao facer ao actualizar a súa tarifa para facela ilimitada en datos ao cambio dos mesmos 15,99 €/mes (para clientes con banda larga fixa) ou 19,99 €/mes para o resto. Por estas cantidades as usuarias da operadora dispoñen de:

  • Chamadas ilimitadas a fixos e móbiles de Francia, móbiles de Estados Unidos, Canadá, Alaska, Hawai, China e os Territorios de Ultramar (DOM) e aos fixos de máis de 100 destinos arredor do mundo, entre eles toda a Unión Europea.
  • SMS e MMS ilimitados a Francia
  • Datos ilimitados en FreeWiFi
  • Internet 4G ilimitado (100 GB baixo a rede de roaming local)
  • Chamadas, SMS, MMS e 5 GB/mes de datos en roaming en Europa, Estados Unidos, Sudáfrica, Australia, Canadá, Israel, Nova Zelanda e DOM.

Que vos parece esta proposta? Imaxinades algo semellante no noso país?

About The Author

Reply