Vodafone encarece o roaming fóra de Europa e EEUU

Unha das maiores vantaxes de Vodafone é o seu roaming gratuíto en Europa e nos Estados Unidos, un servizo do que gozan todas as usuarias da operadora vermella, tanto de contrato coma os de prepago. Grazas a el, empregar o móbil no extranxeiro non supón un gasto extra, xa que permite empregar as chamadas, SMS e datos contratados como se estivéramos no noso país de orixe.

Porén, a cousa cambia no resto do mundo, pois Vodafone ten previsto encarecer o servizo de aforro en roaming no resto de destinos do mundo a partir do próximo 4 de maio. Trátase da tarifa Viaje Mundo, unha opción coa que as usuarias de contrato poden acceder a mellores prezos para falar e navegar en países de Sudamérica, África e Asia, así como Canadá, coa que só aplica unha cota no día que se empregue.

Até o de agora este servizo custaba a frioleira de 12 € por día de uso, pero a partir do mes de maio subirá a 15 € por día, mantendo iguais o resto de condicións. Estas condicións son que a clienta de Vodafone pode facer  uso dos minutos, mensaxes e gigas da tarifa nacional se se ten contratada unha tarifa Red, One M, One L, +Líneas M ou +Líneas L, ou un máximo de 20 minutos, 20 SMS e 20 megas por día para usuarias das tarifas Smart, yuser ou Mini.

A listaxe de países nas que se pode aplicar esta tarifa Viaje Mundo é a seguinte: Andorra, Angola, Antigua, Arabia Saudí, Arxentina, Aruba, Australia, Barbados, Bermuda, Bonaire, Brasil, Canadá, Chile, China, Colombia, Costa Rica, Curacao, Dominica, Ecuador, El Salvador, Filipinas, Ghana, Granada, Guatemala, Guyana, Haití, Honduras, Hong Kong, India, Indonesia, Illas Caimán, Illas Fidji, Israel, Xamaica, Xapón, Kenia, Lesoto, Macedonia, Marroco, México, Mozambique, Nauru, Nicaragua, Nova Zelanda, Panamá, Papúa Nueva Guinea, Paraguai, Perú, Porto Rico, Qatar, República Democrática do Congo, Rusia, Samoa, San Vicente e as Granadinas, San Kitts e Nevis, Santa Lucía, Serbia, Singapur, Sudáfrica, Surinam, Tailandia, Tanzania, Tonga, Trinidade e Tobago, Turquesas e Caicos, Uruguai e Vanatu.

About The Author

Reply