O terminal de Andy Rubin estará á altura de Samsung e Apple

A afirmación que acabades de ler no titular fai referencia ao móbil que está no forno, e lanzará ao mercado a empresa Essentials Products Inc, fundada por Andy Rubin, o creador de Android.

Grazas á información extraída da plataforma GFXBench (que mide a potencia e características dos smartphones), sabemos que a pantalla ocupará a meirande parte do frontal, como é tendencia este ano. Ademáis montará o desexado Snapdragon 835 con 4GB de RAM, pantalla QHD de 5,5 polgadas cun ratio de 18:9 coma o LG G6.

A memoria do dispositivo comezaría nos 16 GB, o que xa non son cifras de flagship, pero pode axudar a axustar prezos, para aquelas usuarias intensivas en consumo multimedia e que buscan unha boa experiencia de usuaria, pero menos preocupadas por facer e almacenar fotos ou vídeos no propio terminal.

En canto ás cámaras, atopamos unha principal de 12 Mpx e unha frontal de 7 Mpx, capaces de grabar vídeo a 4K, dos descoñecemos o fabricante.

Polo de agora non temos moitos máis datos, pero de seguro que será un terminal que dará moito que falar tanto polo seu hardware, como pola empresa que o fabrica e a súa estreita relación con Google.

About The Author

Reply