Linggers, unha aplicación para buscar ligues desde o noso móbil grazas ás series

Hoxe queremos achegarvos dunha aplicación que leva pouco tempo na Play Store e pretende axudarnos a encontrar parella a través dunha afección común: as series de televisión. Esta app chámase Linggers.

Lingger é unha rede social presente en España, Colombia e chegará a México en pouco tempo, na que as máis frikiñas poden seleccionar as series que máis lles gustan e atopar usuarias que desfruten tanto coma nós desa serie… e quen sabe se chegar a algo máis.

O funcionamento da app é sinxelo. Logo do rexistro previo, o seu é buscar as series que máis nos gustaron ao longo do tempo, pois non só aparecen series actuais se non tamen outras coma poden ser O Equipo A, o Príncipe de Bel-Air e mesmo MacGyver. Tamén podemos crear un perfil para amosarnos en Linggers e despois comezar a buscar xente de interese en base a os seus gustos seriéfilos, sexo ou idade e facerlles unha solicitude de amizade.

Como sempre, cada quen emprega as redes como máis lle parece, e está claro que non ten porque haber nada máis aló dunha afección común coa que facer amizades, pero tede en conta que a app ten como obxeto facer parellas e polo tanto, que non lle pareza raro a ninguén se recibe determinadas proposicións.

Se pensades que Linggers pode encaixar nas vosas necesidades, sabede que se pode descargar desde a Play Store, premendo nesta ligazón.

Sobre o autor

Reply