O Nokia 3310 chegará por 59 euros

Durante o pasado Mobile World Congres, Nokia foi un dos grandes protagonistas grazas á presentación de varios dispositivos con Android, o que supuxo a volta ao mercado desta marca histórica. Porén, o terminal que centrou todas as miradas foi o renovado Nokia 3310.

Este terminal non supón un paso adiante respecto á versión da que se venderon millóns de unidades, se non que segue a esencia do seu predecesor q non contará con características actuais. Nada de redes 3G nin moito menos 4G, nada de pantalla tátil ou NFC. O Nokia 3310 do 2017 será un terminal básico co que facer chamadas, enviar sms ou xogar ao Snake. Nada máis.

Con todo isto, o 3310 será un éxito de ventas pola historia que o rodea, sendo un dispositivo que se compra co corazón e non coa cabeza, máis estes días soubemos que xa non custará os 50€ que se barallaban durante o MWC, senón que o seu prezo está máis próximo aos 59€ por temas impositivos e tasas.

Podedes pensar que 60 euros non son nada, pero para un terminal co que temos moi limitada o seu cotiá, é un prezo elevado, por moito que sexa un gadget que lle ten roubado o corazón ás máis neerds. En poucos días veremos cal será o prezo final, pois todo apunta a que para finais de semana sairá ao mercado.

Sobre o autor

Reply