Orange Bank, o banco 100% móbil de Orange chegará a España en 2018

Os operadores de telecomunicacións levan tempo aumentando o seu portfolio de servizos máis aló das comunicacións e ocio dixital en si. Falamos de servizos como a banca móbil, e o grupo Orange vén de dar un paso importante neste sentido co lanzamento de Orange Bank, o seu novo produto de banca 100% móbil.

Os servizos que ofrecerá Orange Bank non difiren moito dos que podemos atopar noutras alternativas deseñadas para o móbil como ImaginBank, permitindo ás usuarias xestionar as sús contas no móbil desde a aplicación, así como realizar pagamentos móbiles e facer tranferencias desde a palma da man.

Entre maio e xullo as traballadoras de Orange farán de betatesters do produto antes do lanzamento oficial no país galo, algo que acontecerá este mesmo ano. Para disfrutalo no Estado español teremos que agardar ao 2018.

Sobre o autor

Reply