ZUK Mobile di adeus para integrarse como Motorola

ZUK Mobile é a división chinesa de Lenovo que comercializa no país asiático terminais con moi boa relación calidade-prezo.

Malia ofrecer bos productos, Lenovo semella que desexa simplificar a división de móbiles e deste xeito, integrar o launcher ZUK IU noutros terminais da empresa vendidos na China, é dicir, poderiamos atopar versións chinesas dalgún Motorola con ZUK IU.

Polo de agora, toda información sobre o futuro de ZUK coma empresa, non pasa do estatus de rumor xerado na web social Weibo, que apunta máis a un unificación ca a unha desaparición da marca por completo e mesmo podería engadirse ao portfolio de Lenovo, iso si, xa non coma marca independente.

Todas aquelas que queirades repasar os terminais ZUK dos que xa vos falamos no blogue, podedes facelo premendo nesta ligazón.

Sobre o autor

Reply