Messenger Lite, a versión lixeira do Messenger de Facebook, xa dispoñíbel no noso país

En outubro de 2016 Facebook anunciou o lanzamento de Messenger Lite, unha versión lixeira da súa aplicación de mensaxería destinada aos teléfonos menos potentes ou países onde a cobertura móbil é escasa. Logo destes meses, a empresa liderada por Mark Zuckerberg vén de liberar a app en moitos territorios, entre eles o noso país, ademais de Francia, Alemania, Portugal, Italia ou os Países Baixos, por poñer algúns exemplos.

A aplicación pesa menos de 10 MB, o que non impide que teña practicamente todas as funcionalidades que coñecemos de Messenger, como o chat, os stickers ou as opcións de compartir imaxes e ligazóns. Entre as funcións que perde están as chamadas de voz.

Deste modo, Messenger Lite xa é unha alternativa para as usuarias que teñan un dispositivo con prestacións axustadas, como aqueles que teñen problemas coa memoria interna dos terminais.

Play Store | Messenger Lite

About The Author

Reply