Xiaomi podería cancelar o Mi6 Plus

Os últimos rumores na rede social chinesa Weibo, afirman que o Mi 6 Plus de Xiaomi nunca chegará ao mercado e será sustituído polo Mi Note 3 durante o mes de setembro.

Durante o 2016, Xiaomi lanzou o Mi5 e a versión phablet, o Mi5 Plus, polo que este ano todo o mundo agardaba o mesmo, pero durante a presentación do Mi6 non se falou nada do Mi6 Plus, o que xerou dúbidas. Días despois apareceran supostas fotos que pretendían confirmar o seu lanzamento nalgún momento do anos e mesmo as características completas podémolas consultar en gsmarena, como vos amosamos a continuación.

Iso si, nesta web, aparece coma rumor. Pois ben, as novas máis recentes apuntan a todo o contrario como vos comentabamos, e semella que non chegaremos a coñecer o Mi6 Plus, máis Xiaomi non se pronunciou ao respecto.

Sobre o autor

Reply