Motorola podería estar preparando unha nova tablet

Xa pasaron máis de cinco anos desde que Motorola lanzou a Xoom 2. Desde entón non tivemos novas de tablets de Motorola, até o de agora, cando os rumores apuntan a que a marca estaría traballando nunha nova tablet baixo as liñas de Lenovo.

Segundo estes rumores, trataríase dunha tablet premium con pantalla de 9 ou 10 polgadas enfocada á produtividade. De feito, incorpora un “modo produtividade” semellante ao visto na Lenovo Yoga Book de finais de 2016, na que as iconas pasan a unha barra de tarefas semellante ás dos sistemas operativos de escritorio.

Esperamos que non teñamos que agardar moito para comezar a ver as primeiras imaxes filtradas e a listaxe de especificacións, mais sobre todo coñecer cando poderemos tela dispoñíbel de maneira oficial.

Vía

Sobre o autor

Reply