Google implementará un sistema antiphishing en Gmail

Gmail, a aplicación de correo para Android máis empregada, vén de empregar unha interesante ferramenta que nos axudará a protexer un pouco máis os nosos datos.

Desde a última actualización de Gmail para Android, poderemos ver se os correos que recibimos poden ser phishing, ou dito doutro xeito, se os correos que recibimos que aparentemente son normais son en realidade correos maliciosos que só queren recopilar datos que acabarán en calquera sitio fóra do noso control.

Tendo a aplicación actualizada esta informaranos cando un correo é sospeitoso de ser phishing, podendo selo ou non, co que teremos a posibilidade de asegurarnos antes de abrilo e así evitar problemas posteriores.

Como vedes é un extra de seguridade que sempre é benvido, pois na maior parte dos casos temos media vida nestes trebellos que tanto nos axudan no día a día.

About The Author

Reply