O Note 7 reacondicionado tamén chegará aos Estados Unidos

Samsung non dá por morto o Galaxy Note 7. Si, falamos dese terminal que ía facer que Samsung pechase un 2016 redondo e acabou por ser un verdadeiro quebradeiro de cabeza por mor dos problemas coas baterías que fixo que varias unidades acabasen ardendo subitamente.

Como xa vimos contando nas últimas semanas, Samsung vai volver poñer á venda os Note 7 reacondicionados, é dicir, co problema das baterías solucionado. Nun primeiro momento falábase de que unicamente chegaría a algún país asiático e mesmo africano, mais agora vense de saber que o trebello recibiu tamén a certificación para poder volver á venda nos Estados Unidos.

Sexa como fór, non sabemos até que punto lle compensa a Samsung seguir apostando por un dispositivo que quedou marcado (e non para ben), cando ten o Galaxy S8 / S8+ no mercado e, ademais, a estas alturas do ano xa deberíamos estar a falar máis do próximo Note 8.

Que pensades? Mercaríades o Note 7 se saíse á venda no noso país a un prezo interesante?

Sobre o autor

Reply