Así e novo anuncio frikiño de Nokia, que nos prepara para a chegada dos novos dispositivos

Como acabades de ver, Nokia fixo este divertido anuncio onde os máis recentes terminais da marca, que usan Android, interpretan o papel das personaxes de Star Wars, no que se cadra o protagonista principal é un terminal que non corre Android, senón o novo Nokia 3310 2017, que se presenta como “o pai” de todos os demais.

O anuncio fíxose para o 4 de maio, data senlleira para todas as fans da popular saga cinematográfica, momento no que se presentaron novidades e produtos variados relacionados con Star Wars.

Sobre o autor

Reply